Investigación Xenética e aplicacións para a Transferencia Tecnolóxica a Empresas e Administracións relacionadas coa Acuicultura e o Medioambiente.
O grupo Acuigen do Departamento de Xenética da USC, é un amplo e experimentado equipo cunha traxectoria que principia en 1987. O grupo é membro do Instituto de Acuicultura da USC, inscrito no Catálogo de Grupos de Investigación pertencentes ao Sistema Público de I+D+I de Galicia, e desde o ano 2006 é Grupo de Investigación de Referencia Competitiva do Sistema Universitario de Galicia.
A súa actividade científica, encadrada na área de Xenética e as súas aplicacións á acuicultura e a conservación de recursos biolóxicos, está avalada por numerosas publicacións en revistas de impacto internacional e tamén por un importante número de proxectos públicos e contratos con empresas.
A actividade investigadora do Grupo Acuigen ten unha manifesta proxección cara a Transferencia Tecnolóxica a Empresas e Administracións relacionadas coa acuicultura e o medioambiente.
© Acuigen. Todos os dereitos reservados.