Departamento de Xenética. Facultade de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo. 27002 Lugo. España
982 822428
Ana Quelle Regaldie graduouse en Bioloxía no 2014 pola Universidade de A Coruña, onde cursou o seu proxecto de fin de grado no departamento de Bioloxía Celular sobre a neuroanatomía do peixe cebra, baixo a supervisión do Dr. Julián Yáñez. Durante os seus estudos, fixo unha estadía Erasmus na "Università degli Studi di Padova" (Italia).
En 2015, completou o Máster en Investigación Biomédica da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou o seu proxecto final de Máster na "Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica" no laboratorio Neuroxenética baixo a supervisión da Dra. María Jesús Sobrido, Dra. Beatriz Quintáns e o Dr. Ángel Carracedo.
Actualmente traballa como investigadora no "Centro de Biomedicina Experimental de Galicia (CEBEGA)" da Universidade de Santiago de Compostela, na plataforma de peixe cebra, baixo a supervisión da Dra. Laura Sánchez Piñón e o Dr. Anxo Vidal.
© Acuigen. Todos os dereitos reservados.